Benvid@ a web de emprego do Concello de Brión

Nesta web queremos centralizar todo o relacionado coa formación, o emprego e as empresas do Concello de Brión. Pretendemos crear un punto de encontro entre ofertantes e demandantes de emprego para poder axilizar así a busqueda fructifera do mesmo.

Tamén quere ser esta web un lugar de consulta para todas as empresas que forman o tecido empresarial do Concello de Brión.

OFERTA: FISIOTERAPEUTA PARA O BALNEARIO DO TREMO

O Balneario do Tremo está a buscar fisioterapeuta. Buscan unha persoa activa, dinámica, con don de xentes e con inquietudes para promover novas actividades no balneario. 

O traballo sería de luns a venres e o horario acordaríase coa persoa. 

Enviar CV a empregobrion@gmail.com.


CONCELLO DE CEE: ARQUITECTO/A TÉCNICO/A


Bases procedemento selección, polo sistema de concurso oposición, para arquitecto/a técnico/a (funcionario/a interino/a) e posterior formación dunha bolsa de traballo

+Info: https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2021/09/01/2021_0000006536.pdf



CONCELLO DE OLEIROS: POLICIA LOCAL

Convocatoria e bases de selección para cubrir tres prazas de policía local

+Info: https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2021/09/01/2021_0000006534.pdf


CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERDIDADE

ORDE do 13 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de bolsas destinadas ao alumnado das universidades do Sistema universitario de Galicia que participa en programas de mobilidade con países extracomunitarios no curso 2021/22 (código de procedemento ED441B). 

+Info: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210831/AnuncioG0598-180821-0004_gl.pdf




AXENCIA GALEGA DA CALIDADE ALIMENTARIA


RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 2021 pola que se modifica a Resolución do 3 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o apoio de proxectos piloto, desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2021. 

+Info: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210831/AnuncioG0528-260821-0001_gl.pdf


OFERTA EMPREGO: MODISTA PARA BERTAMIRANS

Están a recibir CV de modista con experiencia para Bertamiráns. 


+Info: https://www.insertia.net/ver-oferta/5da8539e-4b69-42e9-b348-3c80a57de916


CONCELLO DE CARBALLO: TECNICO/A DE NORMALIZACION LINGÜÍSTICA

 Bases e convocatoria para a provisión dun funcionario/a de carreira nunha praza de Técnico de Normalización Lingüística, escala administración especial, subescala técnica, clase técnicos superiores, incluída na OEP Concello de Carballo 2019

+Info: https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2021/08/27/2021_0000006462.pdf


CONCELLO DAS PONTES: TECNICO/A DE ORIENTACION LABORAL

Proceso selectivo (concurso-oposición) para a contratación laboral temporal dun/ha técnico/a de  orientación laboral e a constitución dunha lista de espera ou reserva.

+Info: https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2021/08/27/2021_0000006505.pdf



 
| CONCELLO DE BRIÓN | FORMACIÓN, EMPREGO E EMPRESAS