CONCELLO DE BRION: ALBANEIS E PEONS

 O Concello de Brión, dentro do programa PEL-Concellos da Deputación da Coruña, vai facer selección de:

-          1 Albanel

-          2 Peón de obra

-          2 Peón de xardinaría

 

Contratación temporal a xornada completa de 6 meses de duración.

 

As persoas a contratar deberán estar en situación de desemprego e atoparse nalgunha das seguintes situacións de exclusión laboral:


a. Mulleres, ao ter un diferencial de índice de desemprego rexistrado sensiblemente superior ao dos homes.

b. Maiores de 45 anos.

c. Persoas desempregadas de longa duración. Aos efectos deste programa terán esta consideración aquelas persoas que leven un mínimo dun ano inscritos como demandantes de emprego nos servizos públicos de emprego.

d. Persoas con discapacidade: aquelas persoas que teñan recoñecida, pola administración competente, unha discapacidade nun grao igual o superior al 33%.

e. Persoas en situación de drogodependencia.

f. Persoas que vivan nun fogar onde ninguén teña emprego.

g. Persoas con fogar monoparental.

h. Persoas con problemas para atopar emprego polo idioma ou cuestións socioculturais.

i. Persoas vítimas de violencia de xénero.

j. Persoas sen fogar.

 

A selección vaise facer a través do Servizo Público de Emprego. Valoraranse os méritos do curriculum vitae que envíe a oficina de emprego do seguinte xeito:

  • -        Experiencia laboral: 0.15 puntos por mes completo traballado.
  • -     Formación: 0.20 puntos por cada 20 horas formativas en cursos directamente relacionados coas funcións propias do traballo a desenvolver. Non se terán en conta curso de menos de 20 horas de duración.
  • -       Programas de capacitación, formación e integración no mundo laboral organizados ou financiados polas Administracións Públicas: 1 punto por cada programa en que o contido estea relacionado coas tarefas a desenvolver no posto ofertado.

 

NON HABERÁ ENTREVISTA. SÓ SE VALORARÁ O CURRICULUM QUE ENVIE A OFICINA DE EMPREGO.

 

Se estades interesados/as, asegurádevos de ter na oficina de emprego o CV ao día.




 
| CONCELLO DE BRIÓN | FORMACIÓN, EMPREGO E EMPRESAS