EMPREGO | BOLSA DE EMPREGO

Na bolsa de emprego do Concello de Brión estamos a disposición tanto das persoas desempregadas como de calquera empresa ou particular que teña unha oferta de traballo.

Existe unha gran variedade de perfís profesionais entre as persoas inscritas na bolsa de emprego: empregadas/os do fogar, auxiliares de axuda a domicilio, monitoras/es de ATL, albaneis, pintores, comerciais, conductoras/es, camareiras/os, cociñeiras/os, administrativas/os, electricistas, carpinteiros, dependentes de comercio, xardiñeiras/os.....

Cos datos da bolsa de emprego elaboramos un listado de candidatas/os en función da oferta recibida. Este listado entrégaselle á/ao empresaria/o que, ademais, será a persoa responsable tanto de poñerse en contacto coas persoas candidatas como de facer a selección.


SE DEMANDAS EMPREGO


PASOS A SEGUIR SE ESTÁS BUSCANDO TRABALLO:


  • Entrevista persoal coa orientadora laboral para cubrir unha ficha cos teus datos persoais e profesionais. É recomendable aportar unha copia da vida laboral, dos títulos formativos ou daqueles outros documentos que consideres oportuno.
  • Debes renovar a demanda 4 veces ao ano para manter actualizados os datos. Se non fas a renovación serás dado/a de baixa na bolsa de emprego. Cando queiras, poderás volver a darte de alta. A renovación farase na 1ª quincena dos meses de xaneiro, abril, xullo e outubro, en persoa,  por teléfono ou a través do correo electrónico.
  • Para cada oferta de traballo elabórase un listado de candidatos/as tendo en conta tanto as características da oferta coma as dos/as demandantes inscritos/as.
  • Este listado entrégase a quen presenta a oferta, que será o/a encargado/a de poñerse en contacto contigo.
  • Por outra parte, é moi importante ter un currículo. Se non o tés, podes concertar unha cita para que fagamos un.


SE OFERTAS EMPREGO


PASOS A SEGUIR SE QUERES OFERTAR UN TRABALLO:

  • Debes cubrir unha ficha coa túa oferta de emprego nas oficinas xerais ou a través do correo electrónico.
  • A continuación faise un filtrado na base de datos da bolsa de emprego, axustado ás características da oferta.
  • Recibirás un listado de candidatos/as (por e-mail, fax, correo postal ou en persoa) para poñerte en contacto con eles/as e poder facer a selección.
  • Unha vez rematado o proceso de debes comunicarnos o resultado do mesmo.

Podes atopar o modelo para cubrir a oferta no seguinte enderezo:

 
| CONCELLO DE BRIÓN | FORMACIÓN, EMPREGO E EMPRESAS