PROGRAMA INTEGRADO AMES-BRION 2021

 Un ano máis ponse en marcha o programa integrado Ames-Brión que o ano pasado acadou unha inserción no mercado laboral de máis do 50% das persoas que participaron.

Iníciase o proceso de selección para este ano, dirixido a 100 persoas de Ames e Brión: 60 mulleres desempregadas e 40 menores de 30 anos con estudos inferiores a bacharelato.

As persoas que queiran participar nesta selección deberán enviar cuberto o seguinte formulario:

 https://forms.gle/ct2VG4qfBwd7yufr9

O período de selección dura ata o 21/01/22.  Entre os últimos días de decembro e xaneiro iremos citando ás persoas que se inscriban a través do formulario.

Os requisitos para poder participar no PIE son:

 - Estar inscrito/a como demandante de emprego.

 - Pertencer a un dos colectivos seguintes:

        Mulleres (60 prazas)

        Menores de 30 anos con cualificación máxima de bacharelato (homes ou mulleres) (40 prazas)

 Residir en Ames o Brión.

 

O Programa desenvolverá as actividades entre febreiro e novembro de 2022 (data de fin: 21/11/22).


 
| CONCELLO DE BRIÓN | FORMACIÓN, EMPREGO E EMPRESAS