Benvid@ a web de emprego do Concello de Brión

Nesta web queremos centralizar todo o relacionado coa formación, o emprego e as empresas do Concello de Brión. Pretendemos crear un punto de encontro entre ofertantes e demandantes de emprego para poder axilizar así a busqueda fructifera do mesmo.

Tamén quere ser esta web un lugar de consulta para todas as empresas que forman o tecido empresarial do Concello de Brión.

FORMACIÓN: CURSO DE ENTRENAMENTO PERSONALIZADO, FUNCIONAL E DE ALTA INTENSIDADE


Acción formativa gratuíta para persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego de nivel 3.

Requisitos de acceso: bacharelato, competencias clave de nivel 3, proba de acceso a ciclos superiores

+Info: 988 239 655 / 657 895 493 ou formacion@bigformacion.com


XEFE DE GRUPO PARA PSA GROUPE


Empresa líder no sector da automoción selecciona coordenador de equipos de produción.

Funcións: liderar un equipo de operarios/as de produción, coordenar incidencias na liña, aportar propostas, etc.

Requisitos: experiencia como coordenador de equipos de produción, incorporación inmediata, dispoñibilidade horario para facer turnos

+Info: enviar CV a santiago@eurofirms.es (referencia “PSA Groupe – Team Leader”).





TECNICO DE REPARACION DE VEHICULOS PARA PSA GROUPE


Empresa líder no sector da automoción selecciona profesionais con experiencia e/ou formación nos ciclos de electricidade/electrónica, chapa, pintura, mecánica, etc.

Funcións: comprobación e revisión de vehículos ó final da liña de produción, realización de comprobacións, etc.

Requisitos: experiencia en talleres ou formación de ciclos de automoción, incorporación inmediata, dispoñibilidade para traballar a turnos.

+Info: enviar CV a santiago@eurofirms.es (referencia “PSA Groupe – Retocador/a”).



CURSO: PREVENCION DE RISCOS LABORAIS EN BRION

Curso básico semipresencial de prevención de riscos laborais para a construción no Concello de Brión, homologado pola Fundación Laboral da Construción.

Horas: 60

Datas:
      - sesións presenciais: 25 e 27 de xuño e 23 e 30 de xullo
      - sesións na rede: do 27 de xuño ó 23 de xullo

Horario das sesións presenciais: de 16.30 a 21.30 horas

Lugar: centro social polivalente e aula CEMIT

Cota: 50 euros (desconto do 50% para persoas desempregadas)

Requisitos de acceso:
      - ter mínimo 16 anos cumpridos
      - ordenador e conexión a internet

Inscrición:
      - ata unha semana antes na Casa da Cultura de Brión
      - ou enviar solicitude de inscrición a empregobrion@gmail.com

+Info: http://concellodebrion.gal/actividades/formacion/pdf/formacion_xunho_19.pdf




CURSO: PERSOAL DE TENDA E ESCAPARATISMO


O comercio é un dos sectores con maior demanda de profesionais, abarcando unha diversidade de actividades: téxtil, alimentación, grandes superficies, etc. 

Neste curso os participantes poderán adquirir os coñecementos e habilidades necesarias para desenvolver unha actividade comercial de calidade, prestando asistencia e atención directa á clientela e organizando o punto de venda e escaparate.


Datos do curso:
Duración: 70 horas + 60 horas de prácticas non laborais en comercios de diferentes ámbitos de actividade.
Inicio: 12/06/19
Fin: 2/07/19

Inscripcións no seguinte enlace: https://bit.ly/31cNlhQ

O horario dos cursos será: De luns a venres, de 9 a 14 h.

As prácticas realizaranse unha vez rematada a formación.

Lugar de realización: Centro de Formación e Emprego do Concello de Ames. Urbanización Aldeanova – Rúa Costaneira – 15220 Ames

As persoas interesadas poden ampliar a información e solicitar a inscrición nos seguintes teléfonos de contacto:
663 71 18 76
608 45 96 78
659 06 13 76
981 50 99 08

Ou no correo electrónico: inseramesbrion@gmail.com

CURSO: LIMPEZA DE SUPERFICIES E LOCAIS E ARRANXO DE HABITACIÓNS EN HOTEIS


O persoal de limpeza de oficinas, hoteis e outros establecementos similares é unha das ocupacións con mellores perspectivas de colocación na comarca, por iso este curso é unha excelente oportunidade para mellorar as posibilidades de inserción laboral.

Os participantes aprenderán a realizar as tarefas de limpeza en edificios e locais, utilizando as técnicas, materiais e maquinaria adecuados, así como o arranxo de habitacións en establecementos hoteleiros.

Datos do curso:
Duración: 80 horas + 60 horas de prácticas non laborais en empresas de limpeza ou en establecementos hoteleiros.
Inicio: 10/06/19
Fin: 2/07/19

Inscripcións no seguinte enlace: https://bit.ly/2JXbtjf

O horario dos cursos será: De luns a venres, de 9 a 14 h.

As prácticas realizaranse unha vez rematada a formación.

Lugar de realización: Centro de Formación e Emprego do Concello de Ames. Urbanización Aldeanova – Rúa Costaneira – 15220 Ames

As persoas interesadas poden ampliar a información e solicitar a inscrición nos seguintes teléfonos de contacto:
663 71 18 76
608 45 96 78
659 06 13 76
981 50 99 08

Ou no correo electrónico: inseramesbrion@gmail.com

CURSO: MONITOR/A DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE


Esta semana da comezo o curso de “Monitor/a de actividades de tempo libre”. Trátase dun curso homologado para a obtención do título correspondente.

O obxectivo do curso é a preparación dos participantes para que adquiran os coñecementos necesarios que lles permitan levar a cabo as tarefas de animación e monitoraxe en actividades de ocio e recreativas, en particular no ámbito infantil e xuvenil.

Requisitos para participar: Graduado en Educación Secundaria ou equivalente.

Os datos do curso son os seguintes:
Duración: 200 horas + 150 horas de prácticas non laborais en entidades ou programas de ocio e tempo libre.
Inicio: 5/06/19
Fin: 1/08/19

Inscripcións no seguinte enlace: https://bit.ly/2Ikg7op

O horario dos cursos será: De luns a venres, de 9 a 14 h.

As prácticas realizaranse unha vez rematada a formación.

Lugar de realización: Centro de Formación e Emprego do Concello de Ames. Urbanización Aldeanova – Rúa Costaneira – 15220 Ames

As persoas interesadas poden ampliar a información e solicitar a inscrición nos seguintes teléfonos de contacto:
663 71 18 76
608 45 96 78
659 06 13 76
981 50 99 08

Ou no correo electrónico: inseramesbrion@gmail.com

CANGAS: SOCORRISTAS E PATRONS


A Xunta de Goberno Local do Concello de Cangas de data 29/04/2019 aprobou a convocatoria e as bases dos procesos selectivo para a contratación de de 25 socorristas e 3 patróns para o servizo de salvamento en praias do Concello de Cangas na tempada de baño 2019.

As bases estarán expostas no Taboleiro de Anuncios e na páxina web do Concello (www.cangas.gal). O período de presentación de instancias será de 10 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

+Info: www.cangas.gal












 
| CONCELLO DE BRIÓN | FORMACIÓN, EMPREGO E EMPRESAS