CURSO: XESTION INTEGRADA DE RECURSOS HUMANOS

A empresa de formación COESCO  proximamente dará inicio ao curso para a obtención do certificado de profesionalidade, Xestión Integrada de Recursos Humanos (ADGD0208), de nivel 3 de cualificación profesional.

Trátase dunha acción formativa subvencionada e destinada a persoas en situación de desemprego, que se levará a cabo nas instalacións de COESCO en A Estrada (Rúa San Paio 21-baiso), previsto para dar inicio o 1 de marzo de 2021 e que se prolongará ata o 8 de outubro do mesmo ano, en horario de 9 a 14 h.

Dita acción formativa pertence ao procedemento TR301P, sendo unha acción formativa con compromiso de contratación

Ao ser un certificado cun nivel de cualificación profesional 3, poderán acceder aquelas persoas interesadas que reúnan algún dos seguintes requisitos:  

Título de Bacharelato.

Algún certificado de profesionalidade de nivel 3.

O certificado de nivel 2 da mesma familia e área profesional, neste caso o certificado de Actividades de xestión administrativa (ADGD0308).

Cumprir o requisito de accesos a ciclos formativos de grado superior ou haber superado as correspondentes probas reguladas pola administración educativa.

Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 e/ou 45 anos.

Ter as competencias clave  necesarias de nivel 3, segundo o recollido no anexo IV do RD34/2005.


+Info: teléfonos 986 572 025 – 667 703 711, ou a través do mail coesco@coescoformacion.com

 
| CONCELLO DE BRIÓN | FORMACIÓN, EMPREGO E EMPRESAS