PEL-REACTIVA, AXUDAS A AUTONOMOS E PEMES DO CONCELLO DE BRION

Hoxe publicouse no BOP da Coruña a convocatoria ás axudas PEL-Reactiva do Concello de Brión para autónomos e PEME's que teñas a súa sede no concello.

As axudas van destinadas a contribuír a paliar os danos derivados da pandemia, podendo solicitala para cubrir os gastos de material de limpeza e desinfección, arrendamento de maquinarias, vehículos e locais, gastos de adaptación dos locais á COVID-19, seguros RC e subministros.

A axuda cubre os gastos realizados entre o 1 de marzo e o 31 de decembro de 2020.

O prazo de solicitude vai desde o sábado 7 ata o 25 de novembro ás 14.00 horas.

Bases: https://drive.google.com/file/d/1Qekkd_Esz9dK9rWdXKeoaHyCUW3emwsf/view?usp=sharing

Solicitude: https://sede.concellodebrion.org/opencms/gl/procedimientosytramites/tramites/SolicitudAyudasPelReactiva


 
| CONCELLO DE BRIÓN | FORMACIÓN, EMPREGO E EMPRESAS