OBRADOIRO DE EMPREGO FOREST AMES-BRION

Un ano máis os concellos de Ames e Brión, en colaboración coa Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e do Ministerio de Trabajo y Economía Social, poñen en marcha un obradoiro de emprego dirixido, nesta ocasión, á obtención do certificado de profesionalidade de Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas.

Este obradoiro vai dirixido a persoas desempregadas, inscritas como demandantes na oficina de emprego correspondente, maiores de 18 anos e, ao ser un certificado de profesionalidade de nivel 2, que teñan como mínimo o título da ESO, FP, a proba de acceso a ciclos medios, as competencias clave de nivel 2 ou calquera outro título similar.

Para participar é imprescindible estar inscrito/a na oficina de emprego como demandante de obradoiros de emprego, cos códigos 340, 330,  320 ou 370. A preselección de candidatos/as vaise facer a vindeira semana (23-27 de novembro). Feita a preselección, a propia oficina de emprego enviará unha carta esa mesma semana ás persoas candidatas indicando o día, hora e lugar da entrevista de selección.

Para este obradoiro seleccionaranse:

  • -          20 alumnos/as traballadores/as
  • -          1 director/a
  • -          2 mestres/as
  • -          1 titor/a
  • -          1 administrativo/a

Poderanse consultar as bases para a selección na páxina web dos concellos a partir da semana que vén.

O obradoiro dará comezo no mes de decembro e terá unha duración de 9 meses.

 
| CONCELLO DE BRIÓN | FORMACIÓN, EMPREGO E EMPRESAS