INSER AMES-BRION, PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO

Os concellos de Ames e de Brión poñen en marcha unha nova edición do Programa Integrado de Emprego Inser Ames-Brión, dirixido a 100 mulleres que, necesariamente, teñen que estar inscritas como demandantes na oficina de emprego correspondente.

Este programa está subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade, cofinanciado polo Ministerio de Trabajo y Economia Social.

Neste programa está previsto, ademais de orientación laboral personalizada, ofertar formación dirixida ao traballo nos sectores de comercio, atención socio-sanitaria, ocio e tempo libre, turismo e hostalaría entre outros, adaptando o máximo posible a formación aos perfís das persoas participantes.

Este ano pódese solicitar directamente a participación na selección cubrindo o seguinte formulario:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScDqGc2UTQ7XWhY0nengUGZLiKe-1j5Zsy4M-MW5XvrWhr5Fw/viewform

Para solicitar máis información acerca da inscrición, selección e desenvolvemento do programa pódese facer cubrindo o formulario anterior e xa se poñen os técnicos en contacto.


 
| CONCELLO DE BRIÓN | FORMACIÓN, EMPREGO E EMPRESAS