CONCELLO DA CAÑIZA: ORIENTADOR/A LABORAL

Con data 24/09/2020 por Decreto de Alcaldía, aprobáronse as bases do procedemento de selección, como funcionario interino, dun posto de Orientador/a Laboral, ao abeiro da subvención concedida pola Conselleria de Economía, Emprego e Industria mediante solicitude tramitada sobre a Orde publicada no DOG nº 14 o 22/01/2020.


As bases se poderán consultar no Taboleiro de Anuncios, e máis na Sede Electrónica con acceso a través da páxina Web do Concello: http://caniza.sedelectronica.es/board, unha vez publicado o presente anuncio tanto no DOG, coma no BOPPO. Os/as aspirantes teñen un prazo de 5 días hábiles contados dende o día seguinte ao da última publicación efectuada nos Boletíns Oficiais anteriormente mencionados para a presentación de solicitudes e demáis documentación.


+Info: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2020/10/01/2020043035



 
| CONCELLO DE BRIÓN | FORMACIÓN, EMPREGO E EMPRESAS