Poderase solicitar a partir do día 5 de maio.
Poderán solicitar este subsidio extraordinario as persoas que estiveran dadas de alta na Seguridade Social no sistema especial de empregados do fogar antes do día 14 de marzo de 2020 e que cumplan os seguintes requisitos:
- Que, por causas alleas á súa vontade, deixaran de prestar servizos, total ou parcialmente, con carácter temporal, nun ou varios domicilios con motivo do coronavirus
- Que, por causas alleas á súa vontade, finalizaran o contrato, e esta finalización se deba á crise sanitaria do coronavirus.
A finalización da prestación do servizo, sexa temporal ou definitiva, debe terse producido despois do día 14 de marzo.
SOLICITUDE:
Se tes certificado dixital, DNI electrónico ou Cl@ve:
Podes facer a solicitude a través da sede electrónica do SEPE achegando a declaración responsable da/s persoa/s empregadora/s e copia do/s seus/s DNI: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso.do
Se non tes certificado dixital, DNI electrónico ou Cl@ve:
- Cubrir e asinar o modelo de solicitude e a declaración responsable da persoa empregadora (un por cada emprego)
- Presentar a documentación anterior xunto coa fotocopia do DNI da persoa solicitante e da/s persoa/s empregadora/s en: calquera oficina de asistencia en materia de rexistro, incluídas as oficinas de correos
A solicitude irá dirixida a:
Unidad Subsidios Empleadas de Hogar. Dirección General del Servicio Público de Empleo EstatalCalle Condesa de Venadito, 928027 Madrid
DOCUMENTACION:
Folla informativa:
https://drive.google.com/file/d/1Oi6BlZXCB4MHwUvpVX6PP1KNKTlSgMoL/view?usp=sharing
Modelo de solicitude PDF:
Instruccións do modelo de solicitude:
https://drive.google.com/file/d/1OorrdVgYVkKAZXa31wM927uvzDEgtxza/view?usp=sharing
https://drive.google.com/file/d/17NRblRTKPmMWsLKHhl-evPQK5USW9s4j/view?usp=sharing
https://drive.google.com/file/d/1QKgGIsxeJyk3DmySFsmMw8TwgNUZ3SpK/view?usp=sharing
+Info: Páxina do Servizo Público de Emprego (SEPE):
+Info: Páxina do Servizo Público de Emprego (SEPE):