REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES AGRARIAS

De acordo coa publicación no DOG, a partir do 27 de abril de 2020 as persoas agricultoras e viticultoras, profesionais ou non, e os seus traballadores poderán efectuar os desprazamentos para a realización dos traballos necesarios de atención e mantemento dos cultivos e dos viñedos.

AGRICULTORES/AS PROFESIONAIS:

Terá a consideración de agricultor/a profesional quen estea de alta no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga).

Acreditación que xustifique a realización deses desprazamentos:
-  inscrición da explotación no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga)

-  no caso das persoas viticultoras profesionais, poderán acreditalo tamén:
      - co carné de aplicador/manipulador de produtos fitosanitarios ou
      - coa tarxeta de rexistro dispensada polo Consello Regulador da Denominación de Orixe cando se dan de alta nos rexistros.


AGRICULTORES/AS NON PROFESIONAIS (AUTOCONSUMO):

Respecto das persoas que teñan cultivos ou viñedos considerados de autoconsumo, poderán realizar os desprazamentos mínimos e imprescindibles para o mantemento e atención dos devanditos cultivos e viñas sempre que o desprazamento se realice dentro do mesmo termo municipal ou, de realizarse a outro termo municipal, que non supoña unha distancia superior a 5 km da súa vivenda habitual.

Poderán estar como máximo 2 persoas na finca, respectando en todo momento as distancias de seguridade e os protocolos establecidos por sanidade.

Acreditación da necesidade de desprazamento:
-  co carné de aplicador/manipulador de produtos fitosanitarios

-  no caso das persoas viticultoras:
      - coa tarxeta de rexistro dispensada polo Consello Regulador da Denominación de Orixe cando se dan de alta nos rexistros

Ademais deberán levar consigo unha declaración responsable que comprenda:
- os predios nos cales levan a cabo eses cultivos, incluíndo a identificación da parcela, o tipo de cultivos que realiza

-  no caso de tratarse de cultivos ecolóxicos, a declaración incluirá tamén que non se empregan tratamentos fitosanitarios e que, polo tanto, carece do carné de aplicador/manipulador destes produtos

-  declaración responsable de que leva desprazándose de xeito habitual ao predio en cuestión para a realización de actividades agrarias de autoconsumo polo menos durante o último ano

+Info: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200428/AnuncioG0426-270420-0001_gl.pdf



 
| CONCELLO DE BRIÓN | FORMACIÓN, EMPREGO E EMPRESAS