OBRAS EN EDIFICIOS: NON TODAS VALEN


O luns 13 de abril a construción volve ó traballo, pero non para todos os tipos de obras.

Debido ó alto capacidade de contaxio deste virus, suspédense polo de agora as obras no caso de que no inmoble haxa persoas non relacionadas coa execución da obra, ben porque vivan alí, traballen, ou calquera outra circunstancia que implique que poidan interferir coa actividade da obra, co movemento dos traballadores ou co traslado de materiais.

Exceptúanse os casos en que na zona da obra (zona de traballo, paso e transporte de material) só estén os obreiros e ninguén máis, e os traballos e obras puntuais para reparacións urxentes de instalacións e avarías ou tarefas de vixiancia.

+Info: https://drive.google.com/file/d/1PTScxlFAQasGTwSkg-VhFWZqxdSQJVQN/view?usp=sharing

 
| CONCELLO DE BRIÓN | FORMACIÓN, EMPREGO E EMPRESAS