A POBRA DE BROLLON: TRABALLADOR/A SOCIAL


Con data vinte e oito de xaneiro de dous mil vinte, en sesión ordinaria celebrada pola Xunta de Goberno Local, aprobáronse as bases e a convocatoria correspondente ao proceso selectivo para a cobertura interina dunha praza de traballador social por excedencia do titular e mentres dure esta, mediante o sistema de OPOSICIÓN LIBRE.

As bases da convocatoria publicaranse integramente no Taboleiro de anuncios da Sede electrónica do Concello da Pobra do Brollón: dhttp://concelloapobradobrollon.sedelectronica.es. no enlace
http://concelloapobradobrollon.sedelectronica.es//info.0

As persoas interesadas en participar nestas probas selectivas deberán facelo mediante una instancia dirixida ao Alcalde do Concello da Pobra do Brollón, que se presentarán na forma prevista no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común, no prazo dos 20 días naturais a partir do seguinte a aquel no que apareza o anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

O modelo de instancia publícase no Taboleiro de anuncios da sede electrónica do concello ou pode solicitarse nas oficinas do concello.

+Info: http://deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/19-02-2020.pdf#page=3

 
| CONCELLO DE BRIÓN | FORMACIÓN, EMPREGO E EMPRESAS