CONCELLO DE VILADECRUCRA: OPERARIO DE SERVIZOS MULTIPLES


Con data 15 de setembro de 2020 aprobáronse mediante acordo da Xunta de Goberno Local, as bases reguladoras de selección de persoal mediante a constitución dunha bolsa de emprego público temporal para os postos de operario de servizos múltiples e operario-condutor de servizos múltiples.

As persoas interesadas poderán presentar as solicitudes de participación no rexistro do Concello de Vila de Cruces ou en calquera dos establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, durante un prazo de 15 días hábiles contados a partir do seguinte a publicación deste anuncio das bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

O texto íntegro das bases está publicado na páxina web do Concello de Vila de Cruces, www.viladecruces.gal, e no taboleiro de anuncios en formato físico como electrónico.

+Info: https://boppo.depo.gal/bop-v2-portlet/download?id=idd_0CE0DC00-A7EC-492C-9C19-70D3A4B5F6E5&fileName=an.bop.PONTEVEDRA.20200923.2020041210.pdf




 
| CONCELLO DE BRIÓN | FORMACIÓN, EMPREGO E EMPRESAS