CONCELLO DE BOVEDA: AUX. ADMINISTRATIVO

Mediante Resolución de Alcaldía nº 2020-466, aprobáronse as bases xerais que rexerán o procedemento para a selección dun posto de Auxiliar Administrativo, como persoal laboral temporal, a xornada completa (100%), cunha duración de doce (12) meses.

Segundo o disposto na base cuarta (4ª), as instancias dirixidas ao Sr. Alcalde, presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, en horario de oficina, -09:30 / 13:30 horas-, durante o prazo de cinco (5) días naturais, comenzando a computarse o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

Igualmente, as instancias poderán rexistrarse no Rexistro Electrónico Xeneral do Concello de Bóveda (https://concellodeboveda.sedelectronica.es) ou a través das formas establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

As citadas bases publicaranse na sede electrónica deste Concello https://concellodeboveda.sedelectronica.es (taboleiro de anuncios) e no taboleiro de anuncios físico do Concello, podendo consultarse tamén nas oficinas municipais en horario de atención ao público. 

+Info: https://concellodeboveda.sedelectronica.es


 
| CONCELLO DE BRIÓN | FORMACIÓN, EMPREGO E EMPRESAS