SUBSIDIO EXTRAORDINARIO PARA PERSOAS EMPREGADAS DO FOGAR


Poderase solicitar a partir do día 5 de maio.

Poderán solicitar este subsidio extraordinario as persoas que estiveran dadas de alta na Seguridade Social no sistema especial de empregados do fogar antes do día 14 de marzo de 2020 e que cumplan os seguintes requisitos:


  • Que, por causas alleas á súa vontade, deixaran de prestar servizos, total ou parcialmente, con carácter temporal, nun ou varios domicilios con motivo do coronavirus
  • Que, por causas alleas á súa vontade, finalizaran o contrato, e esta finalización se deba á crise sanitaria do coronavirus.


A finalización da prestación do servizo, sexa temporal ou definitiva, debe terse producido despois do día 14 de marzo.

SOLICITUDE:

Se tes certificado dixital, DNI electrónico ou Cl@ve:
Podes facer a solicitude a través da sede electrónica do SEPE achegando a declaración responsable da/s persoa/s empregadora/s e copia do/s seus/s DNI:  https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso.do

Se non tes certificado dixital, DNI electrónico ou Cl@ve:
  1. Cubrir e asinar o modelo de solicitude e a declaración responsable da persoa empregadora (un por cada emprego) 
  2. Presentar a documentación anterior xunto coa fotocopia do DNI da persoa solicitante e da/s persoa/s empregadora/s en:  calquera oficina de asistencia en materia de rexistro, incluídas as oficinas de correos
A solicitude irá dirixida a:
        
Unidad Subsidios Empleadas de Hogar. Dirección General del Servicio Público de Empleo Estatal
Calle Condesa de Venadito, 9
28027 Madrid


DOCUMENTACION: 

Folla informativa: 

 
| CONCELLO DE BRIÓN | FORMACIÓN, EMPREGO E EMPRESAS