SUBSIDIO EXCEPCIONAL POR FIN DE CONTRATO TEMPORAL


A partir do día 5 de maio poderán solicitar o subsidio excepcional por fin de traballo temporal aquelas persoas ás que lle rematou un contrato temporal, de mínimo 2 meses de duración, despois do 14 de marzo.


Requisitos:

- Estar inscrito/a como demandante de emprego e subscribir o compromiso de actividade

- Non poder acceder a outra prestación ou subsidio por desemprego

- Ter finalizado, a partir do 15 de marzo, un contrato por conta allea de duración determinada, con obriga de cotización por desemprego e cunha duración igual ou superior a 2 meses

- Non ter rendas de calquera tipo superior ó 75% do salario mínimo interprofesional (950 euros/mes), excluídas as pagas extraordinarias

- Non estar percibindo ningunha renda mínima, renda de inclusión, salario social... concedidas por calquera administración pública

- Non estar traballando por conta propia ou allea a xornada completa na data de fin do contrato nin na de inicio do subsidio excepcional


Solicitude:

Solicitar a través da web do SEPE: https://sede.sepe.gob.es/SolicPrestIndividualWeb/flows/solicitud?execution=e2s1

Unha vez recibida a solicitude, o persoal da oficina de emprego xa se pon en contacto contigo a través do teléfono ou correo electrónico


Duración e contía:

O dereito a este subsidio nacerá o días seguinte á extinción do contrato e a duración será dun mes.

A contía será o 80% do IPREM vixente e pagarase a partir do mes seguinte ó da solicitude.

+Info: http://www.sepe.es/HomeSepe/COVID-19/subsidio-excepcional-fin-contrato-temporal.html



 
| CONCELLO DE BRIÓN | FORMACIÓN, EMPREGO E EMPRESAS