MEDIDAS DO ÁMBITO LABORAL CON MOTIVO DO ESTADO DE ALARMA POLO CORONAVIRUS

Debido á declaración de estado de alarma polo coronavirus COVID-19, o Estado está adoptando unha serie de medidas que afectan de xeito directo ó mundo laboral, tanto ás persoas traballadoras como as empresas e persoas autónomas.

Co fin de aclarar un pouco estas medidas que se están a tomar, desde o Servizo de formación e emprego do Concello de Brión elaboramos un boletín con información sobre as novidades que se están a dar no ámbito laboral.

Podedes consultar o boletín informativo no seguinte enlace: 



Neste momento non temos atención directa na oficina, pero podedes poñervos en contacto co Servizo de formación e emprego pedindo cita telefónica no Departamento de servizos sociais (teléfono 981 50 99 10, horario de 9 a 14 horas) ou a través do correo electrónico empregobrion@gmail.com

 
| CONCELLO DE BRIÓN | FORMACIÓN, EMPREGO E EMPRESAS