FORMACIÓN | FORMACIÓN OCUPACIONAL


ACCIÓNS FORMATIVAS PARA DESEMPREGADOS


Cada ano a Xunta convoca cursos do chamado Plan AFD (Accións Formativas para Desempregados), cursos nos seus propios centros de formación ou en centros homologados (institutos, concellos, asociacións, sindicatos…)

Os cursos nos centros da Xunta empezan, normalmente, a partir do mes de febreiro/marzo. Nos centros a partir de abril/maio, rematando todos como moi tarde a finais de novembro ou mediados de decembro.

A selección de alumnos faise a través das oficinas de emprego aproximadamente un mes antes do comezo do curso, polo que é preciso que as persoas interesadas estean inscritas na súa oficina nos cursos que sexan do seu inte-rese.

A partir de febreiro, empezan a publicarse na web do Servizo Público de Emprego os cursos que teñen aberto o prazo de inscrición para a selección de alumnos. O enderezo web desta páxina é

http://emprego.xunta.es

Na web á esquerda hai un botón que pon “Ofertas de formación”, pinchando nel xa te leva á listaxe dos cursos. Podes facer unha selección por provincia ou, incluso, concello. Se hai algún que che interesa, pinchas nel e xa che aparece a información e una pestaña onde tes a posibilidade de inscribirte ao curso, accedendo co teu usuario e contrasinal da oficina de emprego.


 É convinte estar pendente desta listaxe pois una vez que empezan a aprobar os cursos empezan a publicalos e pode haber cursos novos todas as semanas.  Se hai algún que che interese en especial é convinte avisar ao teu orientador laboral, se o tes, para que tamén cho solicite e achegarte ao propio centro de formación a pedir información.

En caso de que non teñas o usuario e o contrasinal do Servizo Público de Emprego (SEPE) para poder apuntarte aos cursos, tes que achegarte á túa oficina de emprego a solicitalo.


POR QUE SON BOS ESTES CURSOS:

  • Estes cursos están dirixidos á obtención do CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE na especialidade que curses. Ao remate do curso hai que solicitar o certificado de profesionalidade e mentras nono envían o centro pode darche un certificado conforme fixeches o curso e estás agardando polo certificado.
  • Son cursos gratuítos, impartidos por profesionais moi cualificados e para poder asistir aos cursos dispós dunha axuda para os gastos de transporte así como outras axudas ás que podes acceder dependendo da túa situación persoal e familiar.
  • Todos os cursos teñen prácticas en empresas, para poder poñer en práctica no mundo real os coñecementos adquiridos.



 
| CONCELLO DE BRIÓN | FORMACIÓN, EMPREGO E EMPRESAS