FORMACIÓN: CURSOS GRATUÍTOS DE SOCORRISMO ACUÁTICO

Está previsto no marco do Plan de Emprego Local, a impartición dos seguintes certificados de profesionalidade no Programa de Salvamento e Socorrismo Acuático:

- AFDP0209 SOCORRISMO EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS_ 420 horas (340 formación teórica e 80 formación práctica)

- AFDP0109 SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS ACUÁTICAS_ 210 horas (130 formación teórica e 80 formación práctica)

A formación teórico- práctica realizarase no Centro de Formación de Cruz Vermella na cidade de A Coruña e as prácticas profesionais non laborais, en praias de concellos da provincia. Primeiro desenvolverase a formación en espazos naturais con data de inicio prevista para mediados de febreiro e logo da tempada de praias, previsiblemente a finais de setembro, desenvolverase a formación en instalacións acuáticas. 

Debido ás especiais características do curso e á necesidade de realizar probas físicas no caso de un número elevado de inscricións, só se admitirá un máximo de 6 inscricións por concello. 

O prazo de inscrición será ata o próximo VENRES  5 DE FEBREIRO ás 14:00 horas. Só se admitirán as 6 inscricións enviadas POR MAIL por cada concello antes das 14 horas dese día e que conten coa documentación imprescindible (formulario de inscrición e informe médico).


+Info: pel.socorrismo.acuatico@dacoruna.gal


 
| CONCELLO DE BRIÓN | FORMACIÓN, EMPREGO E EMPRESAS