FORMACIÓN EN BRION PARA A UTILIZACIÓN DA COCIÑA COLABORATIVA

O Concello de Brión convoca de novo os cursos que se van esixir para poder utilizar as instalacións da cociña colaborativa situada en Monte Balado.

Módulos:
    - Hixiene e manipulación de alimentos
    - Prevención de riscos na cociña
    - Informática ó xeito
    - Emprego da cociña: manexo, limpeza e elaboración

Datas: de abril a xuño de 2020

Horario: as datas de cada módulo acordaranse entre as persoas interesadas

Lugar: espazo colaborativo Transformando en Brión (Monte Balado)

Cota: 50 euros

Inscrición: ata o 31 de marzo na Casa da Cultura, Carballeira de Santa Minia 5. Tel. 981 50 99 08, correo a empregobrion@gmail.com

+Info: http://concellodebrion.gal/actividades/formacion/formacion.html

 
| CONCELLO DE BRIÓN | FORMACIÓN, EMPREGO E EMPRESAS