OBRADOIRO DE EMPREGO RENOVA AMES-BRION III: CONVOCATORIA SELECCIÓN ALUMNADO E PERSOAL



Os Concellos de Ames e Brión poñen en marcha unha nova edición do obradoiro de emprego dual “RenovAmes-Brión III”, programa cofinanciado pola Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo. 

Este obradoiro terá unha duración de 9 meses e contará con 20 alumnos/as traballadores/as (15 de Ames e 5 de Brión) e 5 persoas que formarán o equipo que dirixirá dito obradoiro (1 director/a, 2 mestres/as de instalación solar fotovoltaica, 1 titor/a orientador/a e 1 auxiliar administrativo). O alumnado adicarase á instalación e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas en edificios municipais de Ames e Brión.

É importante que todas aquelas persoas desempregadas, que posúan a E.S.O., competencias clave de nivel 2, FP, acceso a ciclos ou un certificado equivalente, se apunten nas oficinas do INEM antes do 10 de outubro ás 10 da mañá como demandantes de obradoiros de emprego para que poidan participar no proceso selectivo deste obradoiro.

O obradoiro terá unha duración de 9 meses e o alumnado traballador será contratado, baixo a modalidade de contrato para a formación e o aprendizaxe, coas particularidades que establece a disposición adicional primeira do Real decreto 1529/2012, do 8 de novembro, polo que se desenvolve o contrato para a formación e o aprendizaxe e se establecen as bases da formación profesional dual, e percibirán as retribucións que lle corresponden conforme á normativa vixente.

As persoas interesadas poden consultar as bases da convocatoria no taboleiro de anuncios do concello e na web municipal, no caso de Brión no enlace :


 
| CONCELLO DE BRIÓN | FORMACIÓN, EMPREGO E EMPRESAS