VOLUNTARIADO AMBIENTAL NO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS 2018: ILLA DE ONS


A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado en colaboración coa Dirección Xeral de Conservación da Natureza poñen en marcha un ano máis o programa de voluntariado ambiental no Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, na Illa de Ons.
O obxectivo principal é o de sensibilizar e infundir nos participantes criterios e coñecementos básicos sobre a concienciación etnográfica, medioambiental e a recuperación de ecosistemas no Parque Nacional.


As actividades previstas son as seguintes:

• Ruta de recoñecemento da illa e lugares de traballo.
• Eliminación de lixo mariño nas praias e sistemas dunares.
• Eliminación de Especies Vexetais Exóticas Invasoras (EEI).
• Eliminación de rebrotes de eucaliptos.
• Labores por definir en caso de crisis ambiental como incendio, vertedura de hidrocarburos, varamentos de animais mariños...


O programa desenvolverase en quendas de 5 días, onde poderán participar un máximo de 6 persoas voluntarias, do seguinte xeito:
1ª QUENDA: Do 24 ao 28 de setembro.
2ª QUENDA: Do 01 ao 05 de outubro

+Info: http://www.voluntariadogalego.org/web/modulo.php?mod=ppr&idc=300



0 comentarios:

Publicar un comentario

 
| CONCELLO DE BRIÓN | FORMACIÓN, EMPREGO E EMPRESAS