RIBEIRA DE PIQUIN: ALBANEL E FONTANEIRO


Mediante acordo da Xunta de Goberno Local de data 29 de xuño de 2018, aprobáronse as bases xerais que rexerán o procedemento para a selección dun oficial de 1ª albanel e un oficial de 1ª fontaneiro, como persoal laboral temporal, a xornada completa (100%), cunha duración de doce (12) meses, a través do programa “Fomento do Emprego da Excma. Deputación Provincial de Lugo”.

Segundo o disposto na base cuarta (4ª), as instancias dirixidas ao Sr. Alcalde, presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, en horario de oficina, -09.00 / 14.00 horas-, durante o prazo de cinco (5) días naturais, comenzando a computarse o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

As citadas bases atópanse publicadas na páxina web do Concello: www.ribeiradepiquin.es, podendo consultarse tamén nas oficinas municipais en horario de oficina.

+Info: www.ribeiradepiquin.es


0 comentarios:

Publicar un comentario

 
| CONCELLO DE BRIÓN | FORMACIÓN, EMPREGO E EMPRESAS